Saltar ao contido

Thomas Nuttall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Nuttall

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1786 Editar o valor en Wikidata
Settle, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de setembro de 1859 Editar o valor en Wikidata (73 anos)
Lancashire, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaChrist Church de Eccleston (Merseyside) 
Actividade
Campo de traballoBotánica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbotánico, ornitólogo, zoólogo, pteridólogo, escritor Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaNutt. Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Dictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 27784696 Editar o valor en Wikidata
Thomas Nuttalle entre 1894 e 1895.
Memorial de Thomas Nuttall no Missouri Botanical Garden.

Thomas Nuttall, nado en Long Preston, condado de Yorkshire (hoxe Yorkshire Norte) o 5 de xaneiro de 1786, e finado en St Helens, condado de Lancashire (hoxe Merseyside) o 10 de setembro de 1859, foi un botánico (pteridólogo e micólogo) e zoólogo inglés, que viviu e traballou nos Estados Unidos desde 1808 até 1841.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nuttall naceu na vila de Long Preston, no condado de Yorkshire (actualmente Yorkshire Norte). Era fillo de Jonas Nuttall, impresor de Blackburn, Lancashire, e naceu en Long Preston, Settle, Yorkshire, o 5 de xaneiro de 1786, mentres a súa nai estaba alí de visita. Educouse en Blackburn e pasou varios anos como aprendiz de impresor. Iniciouse no estudo da botánica, en particular da flora dos seus outeiros nativos.[2]

O seu labor nos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

En marzo de 1807 marchou aos Estados Unidos, onde dedicou a súa vida a actividades científicas. Asa Gray, escribindo en 1844, dixo que "desde ese momento [1808] até a actualidade ningún botánico visitou unha parte tan grande dos Estados Unidos, nin fixo tantas observacións no campo e no bosque".[2]

Pouco despois de chegra aos Estados Unidos encontrouse co profesor Benjamín Smith Barton en Filadelfia. Barton animouno a que se dedicara ao estudo da historia natural, e Nuttall comezou a recolectar plantas.

En 1810 viaxou á rexión dos Grandes Lagos e en 1811 acompañou no seu primeiro treito á Expedición de Astor dirixida por William Price Hunt e patrocinada por John Jacob Astor para emprazar postos comerciais de peles no territorio de caza do río Columbia. Nuttall foi acompañado polo botánico inglés John Bradbury, que era coleccionista de plantas dos Xardíns Botánicos de Liverpool.

Tras remontar o río Missouri ambos os dous deixaron a expedición de Astor no posto comercial dos indios arikara en Dakota do Sur, e continuaron remontando o río co trampeiro Ramsay Crooks. En agosto regresaron ao posto dos arikara e uníronse ao grupo de Manuel Lisa que retornaba a San Luis, Missouri.

Aínda que a Expedición de Lewis e Clark viaxara pola rexión en 1803-1806, moitos dos espécimes de plantas que encontraron e foron recollidas aínda eran descoñecidos para a ciencia. A inminente guerra entre Inglaterra e os Estados Unidos de América obrigouno a regresar a Londres, vía Nova Orleáns. En Londres organizou con tempo a súa colección de plantas, discutindo as súas experiencias con outros científicos.

En 1815 regresou aos Estados Unidos de América e despois de recolectar máis plantas publicou en 1818 The Genera of North American Plants (Os xéneros das plantas de Norteamérica). De 1818 a 1820 viaxou ao longo do río Arkansas e do río Vermello do Norte e, tras regresar a Filadelfia, publicou o seu Journal of Travels into the Arkansas Territory during the year 1819 (Diario da viaxe no Territorio de Arkansas durante o ano 1819).

En 1825 foi nomeado conservador dos Xardíns Botánicos da Universidade Harvard. E publicou a seu Manual of the Ornithology of the United States and of Canada (Mabnal da ornitoloxía dos Estados Unidos e do Canadá) entre 1832 e 1834.

En 1834 renunciou ao seu posto e partiu cara ao oeste nunha expedición organizada por Nathaniel Jarvis Wyeth, acompañado esta vez polo naturalista John Kirk Townsend. Viaxaron a través dos actuais estados de Kansas, Wyoming e Utah, e descenderon augas abaixo do río Snake até chegar ao río Columbia a á costa oeste. Nuttall navegou despois polo océano Pacífico até as illas Hawaianas en decembro.

Regresou na primavera de 1835 e estivo recollendo plantas pola rexión do Noroeste do Pacífico, unha área xa cuberta polo naturalista escocés David Douglas. Na súa viaxe de retorno detívose en San Diego, onde se encontrou co escritor Richard Henry Dana, Jr. O personaxe do vello curioso do libro de Dana Two Years Before the Mast está baseado en Nuttall.

Desde 1836 até 1841 Nuttall traballou na Academia de Ciencias Naturais en Filadelfia. Durante ese tempo fixo algunhas achegas á Flora of North America (Flora de Norteamérica) que estaba sendo preparada por Asa Gray e John Torrey.

Últimos días

[editar | editar a fonte]

O falecemento dun seu tío en 1841 obrigouno a regresar a Inglaterra, xa que herdaría as súas propiedades se permanecía seis meses ao ano nese país.

Entre 1842 e 1849 publicou seu The North American Sylva: Trees not described by F. A. Michaux (Silva norteamericana: árbores non descritos por F. A. Michaux) que foi o primeiro libro que incluíu todas as árbores de América do Norte, xusto antes de abandonar os EUA en decembro de 1841.

Desde 1842 e até a súa morte en 1859 viviu en Nutgrove Hall, en St Helens, Lancashire (actualmente en Merseyside),[3] mansión que construíra seu pai en 1810.[4] Morreu alí o 10 de setembro de 1859, e está enterrado na Christ Church da vila próxima de Eccleston (Merseyside).[2]

Algunhas publicacións seleccionadas

[editar | editar a fonte]

Nomeáronse varias especies de plantas e de aves na súa honra, como Picoides nuttallii, nomeado polo seu amigo William Gambel, Pica nuttalli e Phalaenoptilus nuttallii, nomeadas ambas por John James Audubon.[5]

Tamén é conmemorado no que os anglofalantes chaman Nuttall's oak (carballo de Nuttall), Quercus texana,[6] e na Mimosa nuttallii.

No World Register of Marine Species rexístranse 44 xéneros e especies co epónimo nuttalli.[7]

E no IPNI, 523 de especies e variedades botánicas.[8]

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

A abreviatura Nutt. emprégase para recoñecer a Thomas Nuttall como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[8]

A abreviatura Nuttall emprégase para recoñecer a Thomas Nuttall como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

  1. Graustein, Jeannette E. (1967): Thomas Nuttall, Naturalist: Explorations in America, 1808-1841. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. ISBN 978-0-6742-8222-3.
  2. 2,0 2,1 2,2 Charles William Sutton: Nuttall, Thomas (1786-1859) no Dictionary of National Biography, 1885-1900, Volume 41.
  3. Historic England. "Nutgrove Hall (1199265)". National Heritage List for England.
  4. History of Nutgrove Methodist Aided Primary School Arquivado 20 de outubro de 2016 en Wayback Machine..
  5. Richard & Barbara Mearns (1992): Audubon to Xantus: The Lives of Those Commemorated in North American Bird Names. Academic Press. ISBN 978-0-1248-7423-7.
  6. The Arboretum State Botanical Garden of Kentucky. Consultao o 19 de febreiro de 2022.
  7. Species with the epithet nuttalli.
  8. 8,0 8,1 Nuttall, Thomas (1786-1859) no IPNI.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Francis W. Pennell (1936): "Travels and scientific collections of Thomas Nuttall". Bartonia, Proc. of the Philadelphia Botanical Club 18, 64 pp.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]